Listaxe de persoas admitidas provisionalmente, excluídas e reservas - Exames presenciais CODIX (ed. 2/2021)

codix
4Out

Listaxe de persoas admitidas provisionalmente, excluídas e reservas - Exames presenciais CODIX (ed. 2/2021)

Unha vez aplicado o resultado do sorteo publico das letras para establecer a orde de prelación das persoas inscritas con dereito a matriculación, publícase a listaxe de persoas admitidas provisionalmente, excluídas e en listaxe de agarda para a matriculación nas probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, convocadas por  Resolución do 14 de setembro de 2021 (DOG nº 184 de 23 de setembro)

As persoas seleccionadas que figuran na listaxe de admitidas provisionalmente disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o vindeiro mércores 13 de outubro inclusive) para  realizar o pagamento de 10,63 € correspondente aos dereitos de exame -ou xustificar a exención de dito pagamento-, seguindo as instrucións que se lles envian por correo electrónico.

* Importante: Unha vez realizado o pagamento deberán achegar o xustificante do mesmo (unha foto, escaneo de imaxe, etc) ou, no seu defecto, o documento acreditativo da súa exención, ao enderezo electrónico formacion-cemit@xunta.gal para proceder a súa matriculación, que lle será confirmada a volta de correo nun prazo máximo de 24-48 horas dende o seu envío.

No caso de non enviar o xustificante de pagamento ou de exención a formacion-cemit@xunta.gal dentro do prazo establecido de matriculación, a praza asignada provisionalmente será ofertada as persoas que figuren na listaxe de agarda, perdendo o seu dereito a concurrir á mesma

arrow 3 novembro mercores Descargar
arrow 4 novembro xoves Descargar
arrow 5 novembro venres Descargar
arrow solicitudes excluidas Descargar