foto aula CeMIT de Castro Caldelas

Rogelio Martínez inaugura a aula CeMIT de Castro Caldelas

  • A Xunta de Galicia, que inaugurou hoxe dous novos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (aulas CeMIT) en Ortigueira e Castro Caldelas, pretende converter as aulas CeMIT en espazos abertos de comunicación e acceso público a Internet
  • A inauguración consistiu nunha videoconferencia entre a aula de Castro Caldelas e a de Ortigueira
  • Os veciños de Castro Caldelas teñen á súa disposición 15 ordenadores na aula CeMIT situada no Toural
  • Os veciños de Ortigueira contarán con 12 ordenadores conectados a Internet na aula CeMITsituada no antiguo Centro de Saúde
Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 1.8 (5 votos)
VOLVER
ImprimirEnviar
Castro Caldelas | 21 Marzo 2011

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde de Castro Caldelas, Eladio Osorio, inaugurou hoxe unha nova aula CeMIT (ubicada no Toural S/n). Con esta nova incorporación á REDE CeMIT ( Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) a Xunta de Galicia pretende dotar ós veciños dun espazo aberto de comunicación que se configura como un vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade autónoma, convertendo este aula nun servizo apropiado para familiarizar á cidadanía coas canles e soportes audiovisuais e multimedia facilitando o acceso de balde a INTERNET e conseguindo a alfabetización dixital.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, na súa intervención, asegurou que “o goberno galego está a cumprir co compromiso adquirido coa cidadanía, que non era outro que o de contar cunha aula de Modernización e Inclusión Tecnolóxica a menos de trinta minutos da residencia de cada galego/a e acadar unha aula avanzada. A Rede CeMIT é unha realidade. Ao rematar este ano haberá en funcionamento 94 aulas en 88 concellos de Galicia”, dixo.

Desde Ortigueira , a través de videconferencia, o alcalde do municipio, Rafael Girón, inauguraba ó mesmo tempo a aula CeMIT que a Xunta de Galicia abría no seu concello.

A Xunta de Galicia colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico. Ademais, incorpora ó concello á Rede CeMIT para que se beneficien do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual CeMIT. A inversión da Xunta de Galicia para a posta en marcha dese aula CeMIT foi de 120.000 €.

Ademais de dotar ás aulas CeMIT do equipamiento axeitado (no caso da aula de Castro Caldelas 15 terminais de ordenador), a Xunta de Galicia busca que a aula CeMIT se converta nun punto de encontro dentro do concello conseguindo incorporalo como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía. Asociacións, empregados públicos, Pymes , micropymes, centros educativos e colectivos de todo tipo poden utilizar este aula CeMIT para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais, conferencias, etc...

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia.

Un aula CeMIT é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.

A Rede Rede CeMIT é un servizo público e gratuíto para todos a cidadanía financiado pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos onde se sitúan.

Actualmente, a Rede CeMIT de Galicia dispón de aulas nas localidades de Coruña, Abegondo, Ames, Ares, Arzúa, Betanzos, Boiro, Brión, Camariñas, Carballo, Cerceda, Corcubión, Ferrol, Fisterra, Melide,Mugardos, Muros, Narón, Negreira, Noia, Oroso,Ortigueira, Padrón, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez As, Porto do Son, Ribeira, Sada,, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago, Vedra, Vilasantar, Vimianzo, A Fonsagrada, Becerreá, Burela, Carballedo, Chantada, Foz, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Quiroga, Ribadeo, Riotorto, Sarria, Vicedo, Viveiro, Allariz, Barco de Valdeorras, Beariz, Boborás, Bola A, Castro Caldelas, , Carballiño O, Castrelo de Miño, Celanova, Manzaneda, Leiro, Ourense, Ribadavia, Sarreaus, Verín, Vilar de Santos, Viana do Bolo,Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, A Cañiza, A Estrada, Campo Lameiro, Catoira, Cuntis, Guarda A, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Porriño O, Redondela, Tomiño, Tui, Valga, Vigo Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

Fonte: Xunta de Galicia
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS