A Xunta de Galicia pon en marcha dende a Rede CeMIT unha nova iniciativa sobre capacitación dixital e emprendemento para mulleres rurais en 38 concellos

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 4.7 (3 votos)
VOLVER
ImprimirEnviar
Santiago de Compostela | 28 Maio 2012

Dada a situación actual de crise económica na que vivimos e a elevada taxa de desemprego existente en Galicia, acentuada nos núcleos de poboación rurais e aínda máis nas mulleres, a Xunta de Galicia, pon en marcha unha nova iniciativa que busca fomentar o autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais para que poidan aproveitar as oportunidades empresariais que teñen ao seu arredor e poñan en marcha as súas propias empresas.

Este proxecto, que leva por nome “Tomando as rendas”, porá a disposición das usuarias unha  serie de servizos que lles facilitarán a posta en marcha do seu negocio e a través dos que aprenderá todo o necesario como emprendedora e sobre as novas tecnoloxías.

1.    Motivación ao emprendemento e maduración de ideas empresariais por parte das usuarias: charlas presenciais impartidas a través do sistema de videoconferencia da Rede CeMIT (4 horas, aprox.), que teñen o obxectivo de achegar a realidade do mundo da empresa ás usuarias, e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plan de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.

2.    Capacitación dixital básica e ofimática a nivel usuaria: as actividades formativas de alfabetización dixital impartiranse nas Aulas CEMIT e baixo demanda das usuarias do programa. Tamén darase a posibilidade de que as usuarias poidan inscribirse nos cursos de formación en alfabetización dixital que se impartan desde calquera aula da Rede CeMIT destinados ao público xeral.

3.    Formación en “Plan de Empresa”: a través de 5 talleres en modalidade online que se poñen a disposición das usuarias na plataforma do proxecto (http://www.tomandolasriendas.es/). Esta modalidade formativa posibilitará ás usuarias levar un ritmo de aprendizaxe personalizado en tódolos ámbitos empresariais necesarios para a posta en marcha dun negocio. Ademais, a formación en “Plan de Empresa” estará complementada por un programa de apoio, acompañamento e asesoramento dunha Rede de Asesoras especializadas na materia.

A Xunta de Galicia levará a cabo a presente iniciativa en 38 das 98 aulas da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia –Rede CeMIT--, aulas públicas con acceso a internet e dotadas de avanzado equipamento audiovisual e multimedia. Descarga a listaxe dos concellos involucrados no proxecto, no enlace que se presenta a continuación.

Centros

As mulleres interesadas no programa, terán que rexistrarse previamente como usuarias da Rede CeMIT nalgunha das 38 aulas relacionadas na iniciativa e solicitar a adhesión ao programa ou matricularse nos cursos a través da web, antes do 8 de xuño. A preinscrición como usuaria da rede poderá facerse a través da propia web http://cemit.xunta.es (véxase documento adxunto).

Como rexistrarse a través da nova web CeMIT?

Realizada a prescrición, poderán chamar ao teléfono 981 552 568  e concertar cita para pasar pola aula CeMIT correspondente e finalizar o teu rexistro como usuaria da rede. As mulleres interesadas en participar na iniciativa tamén poderán facer directamente a inscrición acudindo persoalmente a algunha das aulas involucradas.

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS