Taller de informática para nenos/as

 

A aula cemit do Concello de Ponteareas acolle durante os meses de verán un taller de informática destinado a nenos e nensas de entre 6 a 12 anos. Co obxectivo de introducir ós máis cativos no mundo  das novas tecnoloxías, de forma divertida e práctica, irán adquirindo habilidade e experiencia no uso do ordenador e familiarizaranse  cos programas que máis se adecuan a súa idade e intereses.

 

 

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
12 Xullo 2012

 

A través de diferentes programas, aprenderán os conceptos e aplicacións informáticas máis básicas. Os contidos expoñeranse  empregando diferentes e atractivos recursos multimedia. O horario do taller é o seguinte: o grupo de 6-9 anos, recibirán as clases os martes, mércores e xoves de 11:00 a 12:00 horas; e os nenos de 10 a 12 anos os mesmos días de 12:30 a 13:30 horas.

O taller terá unha duración de 3 semanas, dende o 10 de xullo ata o  30 de xullo.

 

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para solicitar máis información sobre a actividade citada  poden dirixirse ao Aula CeMIT de Ponteareas sito na rúa oriente, n º 8,  en horario de 12:00 a 14:00 horas.

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS