"Miradas de Muller": Nova inicativa sobre Fotografía Dixital

  • Ponse en marcha unha nova iniciativa sobre capacitación dixital e emprendemento no eido da Fotografía Dixital
  • A iniciativa desenvolverase durante o 2013 en 32 aulas da Rede CeMIT.
  • As destinatarias son mulleres desempregadas para a súa incorporación no mundo empresarial relacionado co campo da fotografía dixital.
Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 4.3 (12 votos)
VOLVER
ImprimirEnviar
19 Decembro 2012

Durante o 2013 desenvolverase a iniciativa “Miradas de Muller” co obxectivo de ofrecer formación e solucións de autoemprego para mulleres desempregadas rurais e procedentes de barrios obreiros ou periféricos das cidades con dificultades de desenvolvemento profesional, para a súa incorporación no mundo empresarial utilizando servizos dixitais no campo da fotografía. A iniciativa constará de catro fases:

  • Unha xornada de presentación impartida a través dos sistemas de videoconferencia e videocolaboración a través das Aulas CeMIT participantes. Nelas terá lugar:
    • A presentación do proxecto e da plataforma "Miradas de Muller" que se poñerá a disposición das usuarias.
    • A sensibilización das usuarias a través dunha charla sobre motivación ao emprendemento no campo da fotografía dixital.
    • A presentación dun referente en fotografía dixital para que expoña de primeira man as súas experiencias, así como as vantaxes e retos que implica profesionalizarse no mundo da fotografía.
  • A impartición nas aulas CeMIT de cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital.
  • A inscrición das usuarias na plataforma web "Miradas de Muller" a través do cal poderán: acceder a pílulas informativas, dispoñer dun titor, difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo, etc.
  • A participación nun concurso fotográfico a nivel nacional a través da plataforma.

"Miradas de muller" iniciarase coas xornadas de presentación que terán lugar entre o 31 de xaneiro e o 15 de febreiro nas 32 das 98 aulas da Rede, e continuará coas demais fases ata finalizar no último trimestre do ano.Podes ver a listaxe dos concellos involucrados no proxecto no enlace que se presenta a continuación. (Listaxe de centros)

As mulleres interesadas no programa, terán que rexistrarse previamente como usuarias da Rede CeMIT e solicitar a matriculación na iniciativa a través da web, antes do 28 de xaneiro. O rexistro e matriculación realízase a través da propia web http://cemit.xunta.es (Instruccións de como inscribirse)

Tamén se poderá facer directamente a inscrición acudindo persoalmente a algunha das aulas involucradas. 

Unha vez que as interesadas se inscriban na iniciativa poderán solicitar aos Axentes TIC das aulas participantes cursos do Catálogo de formación CeMIT relacionados coa fotografía: Cámara dixital, Retoque fotográfico e Retoque de Fotografías. Do mesmo xeito tamén poderán demandar cursos relacionados cos servizos dixitais tales como: DNI electrónico, Factura electrónica, Trámites electrónicos ou Opera co teu banco a través de Internet.

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS