Fálame de San Sadurniño, un novo proxecto participativo na rede

A aula da Rede CeMIT e varios dos seus alumnos e alumnas traballaron duro nos dous últimos meses para poñer a punto a web e mailos contidos de Fálame de San Sadurniño, un novo sitio en internet pensado para compartir contidos e vivencias de todo tipo. Fotografías, audios, vídeos, documentos... todo ten cabida na web, aínda que dun xeito ordenado por categorías temáticas. Porén, o máis importante do sitio é que se trata dun proxecto colaborativo feito desde San Sadurniño que se quere facer medrar coas contribucións da xente.

Fálame de San Sadurniño é o resultado dunha convocatoria lanzada desde a Rede CeMIT para conmemorar o 17 de maio, día das Letras Galegas e tamén da Internet. A idea era conxugar nun proxecto a defensa da lingua e da cultura xunto co uso das tecnoloxías da información e do coñecemento. Deste xeito púxose en marcha un obradoiro colaborativo no que as persoas participantes aprenderon a dixitalizar e xeolocalizar fotografías ás que, posteriormente, lles engadiron unha pequena descrición sonora.

Inicialmente participaron no traballo un total de 11 alumnos e alumnas da aula CeMIT. Todos de distintas idades e tamén todos con distintos coñecementos. A maioría nunca gravaran sonido nin editaran unha imaxe, algo que non foi impedimento para trasladar á rede as súas experiencias e recordos. Deste xeito, simples fotos faladas cobran un novo valor e "danlle sentido colectivo a vivencias individuais que semellan desconectadas".

O proxecto falamedesansadurnino.org non só pretende reflectir os tempos pasados de San Sadurniño, senón tamén o seu presente a través de imaxes, sons, vídeos ou documentos que nos falen do concello na actualidade, para convertérense nun espazo vivo e integral da memoria "que sostén o devalar das xentes e terras de San Sadurniño".

As contribucións á web -e incluso os seus apartados- continuarán avanzando en cursos sucesivos da Rede CeMIT, aínda que está aberta á participación de calquera persoa que teña algo que contar sobre San Sadurniño. Por iso, fóra das actividades formativas da aula, calquera persoa pode colaborar achegando as súas fotos e a súa fala, ou enviando documentos, sons ou vídeos da súa creación ao enderezo falamedesansadurnino@gmail.com.

Con todo, antes de enviar nada é mellor dar unha volta por Fálame de San Sadurniño, ver todo o que alí hai e ver de que maneira podemos colaborar coas nosas cousas nun proxecto vivo "que nos pertence a todos e todas".

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
20 Xullo 2013

Aula CeMIT do Concello de San Sadurniño, na Casa de Cultura

Avenida Marqués de Figueroa Nº 11 – San Sadurniño

 https://cemit.xunta.es/

 cemit.sansadurnino@xunta.es

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS