A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sensibiliza contra as noticias falsas e ciberataques nun ciclo de charlas formativas nas aulas CeMIT

Fake news.
14Xul

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sensibiliza contra as noticias falsas e ciberataques nun ciclo de charlas formativas nas aulas CeMIT

As aulas da Rede CeMIT acollerán en setembro e outubro xornadas formativas que permiten recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques. Trátase dun programa de charlas promovidas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que, baixo o título, "Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques", están preferentemente orientadas ás persoas maiores, aínda que poden apuntarse persoas de todas as idades.

Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, realizaranse de xeito presencial durante os meses de setembro e outubro nas aulas de  Abegondo, Leiro, Fisterra, Ponteareas, Cuntis, OrosoRiotortoRibadeo e no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Todas elas teñen unha hora e media de duración en horarios de mañá ou de tarde.

Durante as xornadas faise un repaso polos mecanismos de desinformación aos que nos vemos sometidos cada día. Desde a análise dun caso real, abórdanse os obxectivos que perseguen estas falsidades, así como os mecanismos necesarios para detectalas. Repásanse tamén as principais estafas ás que nos vemos expostos no mundo en liña e danse a coñecer os mecanismos para previlas.

As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese*.

Outras iniciativas para maiores, rapaces e persoas desempregadas 

Durante este verán tamén se están a a desenvolver na Rede de aulas CeMIT outras propostas formativo-divulgativas, entre as que se atopan os ciclos de seminarios, tanto online como presenciais, en colaboración con Fegaus sobre distintas temáticas relacionadas co fomento do uso das novas tecnoloxías e a banca dixital, dirixidos especialmente a persoas maiores co obxecto de impulsar un evellecemento máis activo. e para incentivar o uso creativo e igualitario da tecnoloxía entre rapazas e rapaces e derrubar estereotipos, están en marcha os "Obradoiros Steam para rapazada entre 8 e 15 anos", no marco da colaboración entre a Amtega e Agasol. Por outra banda, ofértase desde as aulas CeMIT o programa de actividades desenvolto pola Red Araña, que proporciona competencias dixitais a persoas desempregadas e en risco ou situación de exclusión sociolaboral. 

Para o mes de setembro, a actividade non se detén, os días 20 e 23 levaranse a cabo e de forma presencial nas aulas de Vigo e A Coruña respectivamente, sesións formativas sobre Intelixencia Artificial (IA) nas que coñecer nocións básicas e o impacto desta tecnoloxía no día a día das persoas e analizaranse algunhas aplicacións a través de casos de uso. Como peche, haberá unha útlima sesión en liña para aqueles que no poidan asistir presencialmente. 

Tamén a partir de setembro comezarán nas aulas CeMIT as sesións formativas na ferramenta AsisT.gal, unha aplicación para a xestión de auto-coidados dos/das cidadáns/ás dependentes que ofrece autonomía, ademais de dar un acompañamento constante por medio de funcionalidades como o botón de emerxencia a coidadores, control da mediación, xeolocalización no caso de desorientación, recordatorios de medicación... 

Calendario charlas para previr estafas en liña e ciberataques*

Aulas participantes

Datas e horarios

Abegondo

13 de setembro de 10:30 a 12:00 horas

Leiro

20 de setembro de 16:00 a 17:30 horas

Fisterra

21 de setembro de 16:30 a 18:00 horas

Centro GaiásTech Cidade da Cultura

22 de setembro de 10:00 a 11:30 horas

Ponteareas

27 de setembro de 16:00 a 17:30 horas

Cuntis

28 de setembro de 16:00 a 17:30 horas

Oroso

30 de setembro de 11:00 a 12:30 horas

Riotorto

19 de outubro de 16:00 a 17:30 horas

Ribadeo

20 de outubro de 11:00 a 12:30 horas

Brión

Outubro (pendente de data e horario)