Hoxe publicase no DOG unha nova convocatoria do curso de preparación por teleformación para a obtención do CODIX

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
01 Setembro 2015

O Diario Oficial de Galicia de hoxe, martes 1 de setembro, publica a resolución pola que se convoca unha nova edición do curso preparatorio para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), curso que poderá ser seguido baixo a modalidade de teleformación.

Dende mañá mércores, ás 09:00 horas  as persoas interesadas na realización deste curso poderán formalizar a súa preinscrición dende a web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.es), nun enlace habilitado a tal efecto na súa pantalla principal baixo o apartado de "Actividades Destacadas" ou a través do buscador central utilizando a palabra "Codix" -por exemplo-.

Os únicos requisitos de participación o de ser maiores de 16 anos e o de estar dados de alta como usuarios da rede CeMIT. Como en edicións anteriores, son 180 as prazas convocadas e seleccionadas por rigorosa orde de inscrición.

O curso, de 12 semanas de duración, está previsto que comece a finais de setembro-primeiros de outubro, e a proba final presencial que é necesario superar para a obtención do CODIX realizarase con toda probabilidade na primeira quincena de xaneiro, unha vez rematada a actividade formativa.

Próxima convocatoria de exames presenciais

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2015, que terá o seu remate cunha nova convocatoria de exames presenciais libres no mes de  outubro para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios ou que opten pola modalidade autoformativa, ata chegar a un total de preto de 1.100 prazas dispoñibles neste ano para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS