Videoconferencia sobre contenedores Linux - introducción a Docker

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o vindeiro día 15 de febreiro a partir das 16:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre contenedores Linux Docker.

Docker é unha plataforma de código aberto que permite a administradores e desenvolvedores crear, empaquetar e distribuir e automatizar o despregue das súas aplicacións.

O obxectivo deste seminario consiste en explicar que é un contenedor, para que serve e como pode axudarnos a resolver problemas de incompatibilidades e dependencias nos nosos desenvolvementos e despregues, tanto en equipos locais como en infraestrutura cloud (Amazon, Google ...).

A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as de sistemas,  profesionais do eido da programación e, en xeral, persoas con base TIC interesadas na temática.

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

·         Instalación e uso de Docker

·         Exemplo de contenedores de especial relevancia

·         Uso de Docker hub para reducir tempos de desenvolvemento o I+D

·         Compartir contenedores

O relator da xornada será Kenneth Peiruza, consultor IT, formador GNU/Linux e colaborador habitual, como docente de cursos LPI, do CNTG. Posúe ampla experiencia en labores de implantación, administración e securización de sistemas informáticos para empresas, tendo exercido ao longo da súa traxectoria profesional funcións de xefe de proxectos de auditoría de seguridade para entidades do sector da banca, seguros etc..

As persoas interesadas que non podan desprazarse a Santiago de Compostela poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades:

Nota: Grazas á colaboración do CITEXVI, as persoas interesadas da zona de VIGO poden reservar unha praza para seguir esta actividade nas súas instalacións sempre e cando confirmen a súa asistencia ao correo  chus.estevez@citexvi.es  ou no teléfono 986-120420

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 4 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
28 Xaneiro 2016
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
03 Decembro 2018
Telefonía móbil: contratación, facturación e reclamacións
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS