Videoconferencia sobre Desenvolvemento de webapps con HTML 5

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 4 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
05 Febreiro 2016

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o día 25 de febreiro de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre desenvolvemento de WebApps con HTML5.

O obxectivo do seminario consiste en trasladas aos/ás participantes as posibilidades de HTML5 no desenvolvemento de WebApps cun enfoque orientado cara a interfaces multidispositivos, ás novas apis de xeolocalización, local storage, appCache, posibilidades gráficas, utilidades que existen para xogos interactivos etc ..

Tamén se verá como aproveitar estas funcionalidades para converter as nosas Web Apps en aplicacións de escritorio grazas a JavaFx ou en aplicacións para smartphones con Cordova.

O relator da xornada será Antonio Varela, enxeñeiro informático apaixonado co seu traballo. Cunha experiencia laboral de máis de 7 anos, Antonio xa fixo fronte a proxectos de xestión hospitalaria,  proxectos de e-commerce, proxectos de xestión para grandes multinacionais e no desenvolvemento de interactivos en HTML5. Formador Java para Oracle University, impartiu cursos e obradoiros en HTML5.

Temario

·         Desenvolvendo WebApps

o   Estruturas semánticas

o   API de xeolocalización

o   Almacenamento local (localStorage, webSql)

o   Aplicacións offline (appCache)

o   Introdución a Canvas

o   Librerías e frameworks para manexar gráficos

·         Desenvolvendo APPs móbiles con HTML5

o   Introdución ás Apps

o   Aplicacións móbiles híbridas (Apache Cordova)

o   Alternativas a Apache Cordova

·         Desenvolvemendo Apps de escritorio con HTML5 e Java

o   Introdución a JavaFX

o   Integrando o compoñente WebView cunha WebApp

As persoas interesadas que non podan desprazarse a Santiago de Compostela poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades:

Nota: Grazas á colaboración do CITEXVI, as persoas interesadas da zona de VIGO poden reservar unha praza para seguir esta actividade nas súas instalacións sempre e cando confirmen a súa asistencia ao correo  chus.estevez@citexvi.es  ou no teléfono 986-120420

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
03 Decembro 2018
Telefonía móbil: contratación, facturación e reclamacións
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS