Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o día 1 de marzo de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre aplicacións a escala web.
O relator da xornada será Javier Moreno Martín, enxeñeiro informático con máis de 20 anos impartindo formación en diversas tecnoloxías é áreas: Cloud, big data, Java, Hadoop, MapR, MongoDB etc ... Javie é AWS Authorized Trainer e está en posesión das certificación de Oracle Certified Associate, Oracle Certified Java SA 7 programmer, MongoDB Certified Developer, Scrum Manager Certified e AWS Certified Solutions Architect – Associate.
Obxectivos
Durante o seminario explicarase como deseñar, implementar, probar e despregar aplicacións capaces de soportar millóns de usuarios. O acto terá un enfoque práctico que se levará a cabo cunha demostracióna baseada en Java, SpringBoot, Netflix, OSS e AWS (aínda que os conceptos poden aplicarse a calquera tecnoloxía).
Temario
Aplicacións a escala web
· Introdución. Cambio de necesidades: de 1.000 a 1.000.000 de usuarios
· Escalabilidade, elasticidade e fiabilidade con cloud
· Microservizos: o caso de Amazon e Netflix
· Implementación con Spring Boot e NetflixOSS
· Configuración centralizada
· Rexistro e autodiscovery
· Balanceadores de carga: ELB vc Zuul
· Creación dun API Rest asíncrona
· Test e integración continua
· Utilizando S3 como repositorio de artefactos
· Despregue en máquinas virtuais
· Autoescalado de servizos
As persoas interesadas que non podan desprazarse a Santiago de Compostela poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación)
Nota: Grazas á colaboración do CITEXVI, as persoas interesadas da zona de VIGO poden reservar unha praza para seguir esta actividade nas súas instalacións sempre e cando confirmen a súa asistencia ao correo chus.estevez@citexvi.es ou no teléfono 986-120420
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS