Videoconferencia sobre la gestión de riesgos en proyectos. Procesos y enfoques

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria o próximo día 12 de abril, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario sobre xestión de riscos.

A xestión de riscos constitúe un dos aspectos fundamentais da xestión de proxectos e debe abordarse de xeito integrado co resto das fases e procesos que inclúe. Pola súa importancia para a obtención dos resultados agardados cómpre saber anticiparse as ameazas e coñecer como xestionalas mediante unha xestión proactiva e planificada que minimice o seu impacto e incertidume e permita acadar o éxito do proxecto.

A relatora da xornada será Isabel Díaz Pereira. Isabel é experta en xestión de proxectos e análise económico-financeira, analista de sistemas de información e experta en implementación de sistemas de xestión e proxectos. Conta con máis de 25 anos de experiencia no eido do desenvolvemento de produtos e na dirección de empresas de formación, tendo desenvolvido roles de formadora nas áreas de xestión e informáticas así como de asesoría económico-financeira en empresas de diversos sectores. Esta en posesión, entre outras, das seguintes certificacións: ITIL Expert, COBIT (Authorized Certified Trainer), formadora certificada en ITIL, Prince2, CMDB etc ...  

Obxectivos

O obxectivo deste seminario consiste en trasladar aos asistentes unha base de coñecementos e boas prácticas relacionadas coa a xestión de riscos, permitíndolles recoñecer o valor e importancia desta xestión; identificar os factores críticos de éxito; coñecer as técnicas e ferramentas tendentes a identificar; analizar e responder aos riscos; entender o proceso e coñecer diversos enfoques da súa xestión (PMI, Prince2, Scrum).

Temario

A xestión de riscos en proxectos. Procesos e enfoques

Risco

  • Que é ?
  • Tolerancia ao risco e cultura organizativa
  • Cando e onde se xestionan os riscos?

Proceso de xestión de riscos

  • Características
  • Identificación (categorías,PESTLE-TECOP-SPECTRUM, resistro ...)
  • Avaliación (cualitativa, cuantitativa, técnicas e ferramentas)
  • Planificación (respostas aos riscos)
  • Implementación
  • Comunicación

Enfoques

  • Enfoque PMI
  • Enfoque Prince2
  • Enfoque Scrum

 

As persoas interesadas que non podan desprazarse a Santiago de Compostela poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación)

  1. Betanzos
  2. Pontedeume

Nota: Grazas á colaboración do CITEXVI, as persoas interesadas da zona de VIGO poden reservar unha praza para seguir esta actividade nas súas instalacións sempre e cando confirmen a súa asistencia ao correo  chus.estevez@citexvi.es  ou no teléfono 986-120420

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
29 Marzo 2016
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
04 Decembro 2017
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS