Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o vindeiro día 27 de abril de 2016, de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre servizo de rede baseado na identidade do usuario e as contornas de aplicación.
O seminario presentará aos/ás asistentes o servizo de rede baseado na identidade do usuario (IBNS, Identity-Based Networking Service) como tecnoloxía fundamental para a xestión de control de acceso de xeito centralizado nunha contorna corporativa.
O relator da xornada será Javier Novoa, doutor en Informática pola Universidade de A Coruña onde é profesor do departamento TIC na área de Telemática e imparte as materias de Redes en Enxeñería Informática e Seguridade de Sistemas da Información no Máster de Enxeñería Informática. Javier Novoa é colaborador habitual do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e formador oficial do programa Cisco Networking Academy no que imparte cursos de CCNA routing & switching, CCNA security e CCNP. Posúe, entre outras, as certificacións de CCNA, CCAI, CCNA Security e CCNP
Obxectivos
Tras expoñer a arquitectura do servizo e como funcionan os protocolos RADIUS e 802.1x verase como implantar este servizo nunha rede corporativa e como utilizalo para mellorar o control de acceso de usuarios dende diferentes orixes: LAN. VPNs de acceso remoto, redes sen fíos e xestión de dispositivos de rede.
Para rematar amosarase un caso práctico de aplicación onde se poderá observar este servizo en funcionamento.
As persoas interesadas que non podan desprazarse a Santiago de Compostela poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación)
Temario
Servizo de rede baseado na identidade do usuario. Contornas de aplicación
Introdución a IBNS
Arquitectura
o RADIUS
o IEEE 802.1X
Casos de aplicación
o Control de acceso a xestión de dispositivos de rede
o Control de acceso en redes sen fíos
o Control de acceso en LAN
o Control de acceso en VPNs de acceso remoto
Caso práctico de aplicación
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS