Seminario - Big Data e NoSQL con Couchbase

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
25 Abril 2016

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o día 18 de maio de 2016, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre Big Data e NoSQL con Couchbase.

A creación, integración e posta en marcha de aplicacións web, móbiles e de Intenet das cousas (IoT) implica a definición dun novo paradigma tecnolóxico. As novas arquitecturas deben ser máis áxiles e requiren dun enfoque para a xestión de datos en tempo real  que poida dimensionarse e escalar á velocidade e variabilidade dos datos. Neste senso as bases de datos relacionais non son quen de cumprir con estes novos requisitos polo que as empresas deben recorrer a tecnoloxías de bases de datos como Couchbase.

O relator da xornada será Zeus Gómez, consultor e instrutor Couchbase da empresa Proyecto Universidad Empresa (partner global de formación oficial e consultoría en solucións Couchbase).  Zeus é un profesional con máis de 10 anos de experiencia desenvolvendo labores de consultoría e formación oficial en tecnoloxías NoSQL, Big Data, Linux, Java etc ...

Obxectivos

O obxectivo do seminario consiste en dar a coñecer a tecnoloxía Couchbase, en que consiste o modelo de datos non relacional, como poñelo en marcha e amosar algúns exemplos de aplicación desta tecnoloxía.

A xornada vai dirixida especialmente a programadores/analistas, administradores de bases de datos  e administradores de sistemas interesados en big data e NoSQL.

Temario

Big data e NoSQL con Couchbase

·        Introdución a big data e a súa motivación

·        Instalación de Couchbase

·        modelo de datos non relacional

·        Introdución ao NoSQL e ao N1QL

·        Aplicacións de exemplo

As persoas interesadas que non podan desprazarse a Santiago de Compostela poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación)

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
03 Abril 2017
Unha viaxe segura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS