Videoconferencia - Queres crear unha web? comeza con Wordpress - básico

O xoves 09 de xuño de 2016, en horario de tarde (16:00 a 20:00 horas) terá lugar na Aula CeMIT de Ourense - La Molinera o seminario QUERES CREAR UNHA WEB? COMEZA CON WORDPRESS - NIVEL BÁSICO

O dito seminario será impartido por Consuelo Luces, Licenciada en Publicidade e RRPP pola Universidade de Vigo e Máster en comunicación Empresarial pola ESIC Barcelona. Actualmente é consultora de Deseño e Comunicación en EOSA Consultores

Este obradoiro de carácter práctico vai enfocado a que os participantes adquiran os coñecementos básicos para comezar a realizar o seu propio blog ou web, a través do software libre WordPress, coa finalidade de mellorar a comunicación da súa empresa/entidade e aumentar a súa visibilidade, tanto a través da mellora do posicionamento como abrindo novas canles de comunicación

Cal é o programa?

  • Por que WordPress? Vantaxes e inconvenientes
  • Posta en marcha de WordPress
  • Aspectos básicos
  • Instalación de temas e personalización de contidos
  • Edición de páxinas e entradas de blog
  • Instalación e uso de plugins en WordPress 

Inscrición:

As persoas interesadas que non podan desprazarse a aula CeMIT de Ourense poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

 

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 2 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
02 Xuño 2016
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
03 Abril 2017
Unha viaxe segura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS