Videoconferencia - Quen visita a túa web? A resposta con Google Analytics

O martes 21 de xuño de 2016, en horario de tarde (16:00 a 20:00 horas) terá lugar na Aula CeMIT de Ourense - La Molinera o seminario QUEN VISITA A TÚA WEB? A RESPOSTA CON GOOGLE ANALYTICS

O dito seminario será impartido por Alén Multimedia, SL, una empresa dedicada ao desenvolvemento e implantación de servizos de comunicación multimedia dende 1997 e cunha ampla experiencia no sector web. Abarca un extenso abanico de campos: web, multimedia, deseño, solucións publicitarias, formación, hosting...ofrecendo unha visión realista e experta das posibilidades da Rede

Ao rematares o curso serás capaz de comprender o valor e a importancia da analítica web no marketing en liña e empregarás Google Analytics e os seus indicadores para mellorar e controlar o rendemento das túas webs.

Cal é o programa?

O curso divídese en 19 módulos:

• Introdución á analítica web e Google Analytics

• Aspectos técnicos da ferramenta

• Configuración da conta e personalización de código

• Filtros de seguimento • Obxectivos e funís

• Tracking de eventos • Variables personalizadas

• Paneis, datos e informes en Google Analytics

• Quen visita a miña web. Usuario

• Como estou a investir o meu orzamento en liña. Publicidade

• De onde chegan as miñas visitas. Fontes de tráfico

• Como se moven pola miña web. Contido

• Retorno do investimento. Conversións

• Google Analytics. Un enfoque práctico

• Google Analytics aplicado ao SEO

• Medición e optimización de campañas de marketing con Google Analytics

• Google Analytics aplicado ao marketing en liña

• Análise do tráfico procedente do social media

• Exercicios prácticos

 

Inscrición:

As persoas interesadas que non podan desprazarse a aula CeMIT de Ourense poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

 

 

Máis información

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
02 Xuño 2016
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS