Mans de persoa maior sostendo un smartphone.

A Fundación Vodafone e a Amtega poñen en marcha unha nova edición da iniciativa "Aprende a usar o smartphone", dirixida ás persoas maiores

  • Vinte e unha localidades de Galicia con aula CeMIT ofertan preto de 300 prazas para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos intelixentes
  • Non é necesario dispor de terminal móbil para poder acceder a estes cursos
  • A actividade continuará ata finais de novembro percorrendo aulas das catro provincias galegas
  • Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na web da rede CeMIT
Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Rede CeMIT | 21 Xuño 2016

A Fundación Vodafone vén de formalizar a súa adhesión como aliado dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Como resultado desta alianza, ambas entidades puxeron en marcha este mes a segunda edición do  proxecto “Aprende a usar o smartphone” para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles intelixentes.

A actividade, que se prolongará ata novembro, chegará a 21 aulas da Rede que ofertan preto de 300 prazas. Cada un dos centros CeMIT que participan nesta iniciativa disporá de diversos terminais telefónicos para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, os participantes recibirán unhas guías en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese este colectivo.

As aulas implicadas disporán, tamén, dunha serie de vídeo pílulas formativas breves e moi prácticas, que servirán de material de apoio audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.

As vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores son moitas en aspectos relacionados coa súa seguridade (xeolocalización, teleasistencia…); coa posibilidade de gozar novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV…); con novas posibilidades de relacionarse cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…); cun acceso máis rápido a información (noticias e prensa on-line…), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde),  en calquera lugar e a calquera hora.

 

Localidades e inscrición
As persoas interesadas en asistir aos cursos poden consultar as datas e formalizar a súa inscrición na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), poñendo no buscador "Aprende a usar o smartphone", onde tamén atoparán os datos de contacto de cada unha das aulas para resolver ás dúbidas que poidan xurdir.

As 21 localidades que ofertan estas actividades son: A Coruña, Betanzos, Burela, Cerceda, Ortigueira, As Pontes, Santa Comba, Sigüeiro - Oroso, Vimianzo, Barreiros, Carballedo, Sarria, Manzaneda, Verín, Xunqueira de Ambía, Cuntis, A Guarda, Ponteareas, O Porriño, Valga e Vigo.




Localidade Provincia Datas previstas
Vimianzo Coruña, A Do luns 06 ao mércores 15 de XUÑO
Ponteareas Pontevedra Do luns 20 ao mércores 29 de XUÑO
Coruña, A - Eirís Coruña, A Do luns 01 de agosto ao venres 26 de agosto
Betanzos Coruña, A Do luns 05 ao mércores 14 de SETEMBRO
Burela Lugo Do luns 05 ao mércores 14 de SETEMBRO
Pontes, As Coruña, A Do luns 05 ao mércores 14 de SETEMBRO
Carballedo Lugo Do luns 19 ao mércores 28 de SETEMBRO
Cuntis Pontevedra Do luns 19 ao mércores 28 de SETEMBRO
Porriño, O Pontevedra Do luns 19 ao mércores 28 de SETEMBRO
Guarda, A Pontevedra Do luns 03 ao mércores 12 de OUTUBRO
Verín Ourense Do luns 03 ao mércores 12 de OUTUBRO
Cerceda Coruña, A Do luns 03 ao mércores 12 de OUTUBRO
Manzaneda Ourense Do luns 17 ao mércores 26 de OUTUBRO
Santa Comba Coruña, A Do luns 17 ao mércores 26 de OUTUBRO
Valga Pontevedra Do luns 17 ao mércores 26 de OUTUBRO
Ortigueira Coruña, A Do luns 07 ao mércores 16 de NOVEMBRO
Sarria Lugo Do luns 07 ao mércores 16 de NOVEMBRO
Barreiros Lugo Do luns 07 ao mércores 16 de NOVEMBRO
Sigüeiro - Oroso Coruña, A Do luns 21 ao mércores 30 de NOVEMBRO
Vigo Pontevedra Do luns 21 ao mércores 30 de NOVEMBRO
Xunqueira de Ambía Ourense Do luns 21 ao mércores 30 de NOVEMBRO

Fundación Vodafone
A Fundación Vodafone España é unha institución sen ánimo de lucro que contribúe ao impulso da innovación e a utilización das TIC para mellorar a calidade de vida das persoas e, especialmente dos colectivos vulnerables. Participa en proxectos de innovación tecnolóxica nacionais e europeos, dirixidos a investigar novas aplicacións das comunicacións móbiles que faciliten a vida a persoas dependentes, maiores e enfermos crónicos.

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliados Dixitais
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia da Xunta de Galicia para impulsar un novo modelo de inclusión dixital, que integra as accións para a alfabetización dixital con outras que permitan a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC, camiñando cara a innovación social dixital.

A Amtega está a desenvolver as iniciativas desta estratexia en colaboración cos axentes do ecosistema dixital, os aliados dixitais do Plan. O pasado 29 de abril, publicouse a Resolución que permite que todas as entidades, empresas, asociacións, etc interesadas en participar neste eido poidan adherise coma aliados dixitais a través dun proceso telemático na sede electrónica da Xunta de Galicia.
 

Fonte: Amtega
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS