Videoconferencia - Consumo responsable no supermercado

A AMTEGA E A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO COLABORAN NA DIFUSIÓN A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIA DE DIFERENTES CHARLAS TEMÁTICAS DENTRO DO PROGRAMA “EDUCACIÓN PARA O CONSUMO RESPONSABLE CORES”

§  Constan de oito charlas informativas que se emitirán por videoconferencia a diversos concellos con aula CeMIT os primeiros luns de cada mes, sendo a primeira delas o 3 de outubro

§  Están orientadas para todos os públicos, ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais

§  Cun formato ameno e de carácter informativo, preténdese que preto de 1.000 persoas poidan interactuar con técnicos do Instituto Galego de Consumo para resolver as súas dúbidas sobre diversas temáticas relacionadas co consumo diario.

 

O Instituto Galego de Consumoe a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través da rede CeMIT,  van a colaborar na difusión de oito (8) charlas informativas e participativas orientadas ao público en xeral na que se tratarán diversas temáticas relacionadas con temas actuais que nos afectan diariamente como consumidores habituais.

Estas charlas, que terán unha duración aproximada dunha hora e media, teñen como finalidade informar e dar resposta ás inquedanzas das persoas consumidoras en diversas temáticas que están presentes antes, durante e despois da compra dalgún producto.

Así, a primeira de estas charlas o día 3 de outubro versará sobre o CONSUMO RESPONSABLE NO SUPERMERCADO, charla na que se  analízará o significado de practicar un consumo responsable e como o posuír estes coñecementos pode influir dalgún xeito na toma de decisións á hora de mercar, ao tempo que se fai unha reflexión crítica sobre a cadea de trazabilidade pola que pasan os produtos alimenticios antes de chegar á persoa consumidora.

As persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

O único requisito para poder asistir a estas charlas gratuítas e abertas ao público en xeral é ser usuario da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal)

 

 

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 5 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
21 Setembro 2016
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
07 Outubro 2019
Telefonía móbil e internet
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS