Charla sobre PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE CALIDADE
DÍA: Luns, 7 de NOVEMBRO, de 11:00 a 12:00 horas
O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.
Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.
Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica o primeiro luns de cada mes, dende outubro ata maio, sendo a próxima o día 7 de NOVEMBRO, en horario de 11:00 A 12:00 HORAS
A dita charla tratará sobre o PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE CALIDADE
As persoas adoitamos a cotío distintas decisións de consumo, case sen darnos conta. Así, cando nos levantamos cada mañá e acendemos a luz ou abrimos a billa da auga estamos a consumir. Cando imos mercar o pan para comer, cando facemos un agasallo ou cando imos cear a un restaurante podemos escoller entre distintos produtos, respecto dos que existen importantes diferenzas, non só no tocante ao seu prezo ou calidade, senón tamén no seu proceso de produción e fabricación. Para adoitar a mellor decisión de consumo, e escoller aqueles produtos que realmente se adapten ás nosas necesidades, é preciso coñecer as características de cada produto e servizo, para poder actuar no mercado como consumidores responsables.
A charla sobre "Produtos ecolóxicos e de calidade" incluirá os seguintes contidos básicos:
Deste xeito, en primeiro lugar explicaranse unha serie de nocións básicas para a lectura da etiquetaxe dos alimentos, que favorecerán unha escolla responsable dos produtos. A continuación, explicaranse como se poden identificar os produtos ecolóxicos e de calidade, e por qué a escolla destes produtos é unha escolla de consumo responsable.
As persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS