Charla sobre TELEFONÍA MÓBIL
DÍA: Luns, 6 de FEBREIRO, de 11:00 a 12:00 horas
O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.
Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.
Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica o primeiro luns de cada mes ata o mes de maio, sendo a próxima o día 6 de FEBREIRO, en horario de 11:00 A 12:00 HORAS
A dita charla tratará sobre o TELEFONÍA MÓBIL
Nesta xornada informarase sobre os dereitos dos consumidores nesta materia. Entre os seus obxectivos están os de asesorar e informar os cidadáns para que defendan os seus dereitos como consumidores desde o momento que adquiren un terminal móbil ou contratan un servizo. Falarase dos principais conceptos que hai que ter en conta na contratación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, portabilidade, etc.
Trataranse tamén temas como as irregularidades na facturación, na prestación de servizos ou nos incumprimentos do contrato (roaming, SMS Premium, subscrición a chamadas non solicitadas, modificacións contractuais, etc). E, por último, analizaranse as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e cómo realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo.
As persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS