Seminario - Clústeres de alta dispoñibilidade para servidores Linux

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
07 Febreiro 2017

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria,  o próximo día 16 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario técnico sobre clústeres de alta dispoñibilidade para servidores Linux.

O obxectivo deste seminario é presentar una introdución aos sistemas en clústeres de alta dispoñibilidade baixo servidores Linux abordando as necesidades a nivel de hardware e configuración de software para a creación de clústeres Activo/Pasivo e Activo/Activo con Pacemaker como xestor de clústeres. Estudaranse as configuracións para servizos (Apache, Tomcat, NFS e MySQL) sobre tecnoloxías de almacenamento centralizado como ISCSI, NFS, DRBD e GFS2.

Tamén se abordará toda a xestión do clúster como iniciar e parar recursos, migrar recursos de nodos, backup e restore da configuración do noso clúster, así como a configuración fence/ STONITH.

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

·        Clúster conceptos básicos.

·        Alta dispoñibilidade

·        Pacemaker como xestor de Clustering HA

·        Pcsd/Pacemaker/Corosync

·        Instalación, configuración e xestión de Pcsd/Pacemaker/Corosync

·        Fence/STONITH

·        Almacenamento:

÷     SAN

÷     NAS

÷     DÁS

÷     DRBD

÷     Comparativa

·        Gestión de servizos clusterizados, NFS, Tomcat, Apache e MySQL.

O relator da xornada será Alberto García, instrutor oficial certificado por Linux Professional Institute, profesor titular en Factor Humano Formación – Escola Internacional de Posgrao, con ampla experiencia en formación e consultaría  de software libre.

As persoas interesadas que non podan desprazarse a Santiago de Compostela poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación)

Nota: Grazas á colaboración do CITEXVI, as persoas interesadas da zona de VIGO poderán solicitar praza para seguir esta actividade nas súas instalación, confirmando a súa asistencia no correo electrónico info@citexvi.es ou no teléfono 986-120420

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
08 Maio 2017
Charla sobre SERVIZOS FINANCIEIROS
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS