Seminario - Ecosistema para o desenvolvemento de aplicacións con Microsoft

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria,  o próximo día 2 de marzo, de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario técnico sobre o ecosistema para o desenvolvemento de aplicacións con Microsoft.

A través deste seminario exploraranse as distintas ferramentas, tecnoloxías e produtos cos que desenvolver aplicacións para distintos tipos de contorna. Este seminario mostrará as distintas solucións e frameworks dispoñibles baixo o ecosistema Microsoft para o desenvolvemento de aplicacións de escritorio, para móbiles, analíticas de datos, aplicacións distribuídas, na nube e como sacarlles o máximo partido utilizando cada unha das distintas ferramentas naqueles casos onde se lles obteña o mellor partido.

Os puntos que se analizarán ao longo do seminario serán:

-      Visual Studio IDE, versións, edicións e plataformas

-      Visual Studio con C#, C++, VB, HTML, JavaScript, TypeScript, Python e Node.js

-      .NET Framework vs. .NET Core

-      Aplicacións .NET Core para Mac, Linux e Docker

-      Aplicacións para dispositivos móbiles, Cordova vs. Xamarin.

-      Aplicacións multiplataforma con Xamarin.

-      Azure Servizo de aplicacións, integración con Visual Studio

-      Azure Insights, supervisión e análise de aplicacións

-      Visual Studio desenvolvendo en linguaxe R

-      Desenvolvemento de xogos con Unity e Cocos

As persoas interesadas que non podan desprazarse a Santiago de Compostela poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación)

Nota: Grazas á colaboración do CITEXVI, as persoas interesadas da zona de VIGO poderán solicitar praza para seguir esta actividade nas súas instalación, confirmando a súa asistencia no correo electrónico info@citexvi.es ou no teléfono 986-120420

 

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
13 Febreiro 2017
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
02 Marzo 2017
Ecosistema para o desenvolvemento de aplicacións con Microsoft
06 Marzo 2017
Consumo e xénero
16 Marzo 2017
Clústeres de alta dispoñibilidade para servidores Linux
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS