Charla sobre UNHA VIAXE SEGURA

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
20 Marzo 2017

Charla sobre UNHA VIAXE SEGURA

DÍA:   Luns, 3 de ABRIL de 11:00 a 12:00 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica o primeiro luns de cada mes,  dende outubro ata maio, sendo a próxima o día  3 de ABRIL en horario de 11:00 A 12:00 HORAS

A dita charla tratará sobre o  UNHA VIAXE SEGURA

Viaxar é unha das alternativas de lecer principais das persoas consumidoras. Neste ámbito as persoas, dentro dos diferentes servizos que poden contratar, teñen dereitos que lles protexen e é importante que os coñezan, posto que  dispoñer da información necesaria é o primeiro paso para converterse nunha persoa consumidora responsable

Explícarase de xeito fácil e comprensible os dereitos básicos que nos amparan ao empregar os diferentes medios de transporte público: tren, autobús, barco e avión. Ademais, daranse a coñecer os medios e o lugar máis axeitado para reclamar dependendo do medio de transporte empregado.

As persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
17 Outubro 2017
Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS