Cursos gratuítos: Saca o máximo partido ao teu teléfono intelixente ou tablet e goza de todo o que Internet che ofrece

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 5 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
02 Maio 2017

Saca o máximo partido ao teu teléfono intelixente ou tablet e goza de todo o que Internet che ofrece

A Federación Galega de Asociacións  Universitarias Séniors (FEGAUS), como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia, vai a colaborar coa Rede CeMIT na realización dunha  actividade formativa destinada –prioritariamente- a persoas  maiores de 45 anos (aínda que sen excluír a calquera  outra persoa interesada por motivos de idade).

A dita actividade consiste nun ciclo de seminarios online enfocado a persoas  cun nivel de aceptación e uso das novas tecnoloxías inicial. Nestes seminarios daranse a coñecer  os principais usos que teñen os dispositivos móbiles e tabletas no perfil de usuario destinatario, coa clara intención de desbloquear os temores e barreiras psicolóxicas que en moitos casos existen no seu uso por parte dos maiores, achegándolles os coñecementos necesarios e a aplicación directa da tecnoloxía no seu día a día .

Os seminarios, que se realizarán cada venres dende o 12 de maio ata o 23 de xuño, en horario de 11:00 a 12:30 horas, terán os seguintes contidos:

Estrutura dos seminarios online

Os seminarios online terán unha duración de 90 minutos cada venres, dividíndose cada un deles  en dous módulos expositivos de 45 minutos.

En cada un dos dous módulos que formarán parte de cada seminario online, dispoñerase  dunha parte propiamente expositiva sobre un contido ou recurso tecnolóxico de aplicación e dunha sección dedicada á resolución de dúbidas  por parte dos asistentes, utilizando para iso as funcionalidades propias da plataforma de comunicación que se empregará  nos mesmos.

Durante a parte expositiva realizaranse interaccións cos asistentes de forma que participen activamente nas prácticas que se realicen, interactuando co relator e realizando conxuntamente cos participantes as prácticas necesarias naquelas  aplicacións ou contidos que isto sexa posible.

Todo aquel alumnado que se inscriba en cada un dos ciclos completos pode  dispoñer dun soporte tutorial que realizaría FEGAUS a través dos seus titores online, de forma que, tras finalizar cada un dos seminarios  poidan acceder a máis información relativa aos contidos da materia tratada na nosa plataforma de teleformación https://cemit.xunta.gal/ema, así como á resolución de dúbidas  como nun curso online tradicional.

As persoas interesadas poderán inscribirse nestas actividades formativas nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando esta listaxe no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

 

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
04 Decembro 2017
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS