Cartel de Vodafone Connecting for Good Galicia.

A Xunta e Vodafone abren a segunda convocatoria do programa ‘Connecting for good Galicia’ para impulsar iniciativas empresariais de innovación social dixital

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Santiago de Compostela | 12 Xuño 2017
  • Os emprendedores poden presentar as súas candidaturas ata o 2 de xullo
  • As iniciativas seleccionadas accederán, durante seis meses, a sesións de formación e mentoring, e a un espazo de traballo na Cidade da Cultura
  • Contarán cun patrocinio de 2.000 euros cada unha e optarán a unha axuda de 25.000 euros á mellor iniciativa de cada convocatoria concedido pola Xunta
  • Ademais, a Fundación Vodafone outorgará o Premio “Conectados pola Accesibilidade”, dotado con 10.000 euros, ao proxecto que mellor incorporase os principios de accesibilidade universal

 

A segunda convocatoria de ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ permanecerá aberta ata o próximo 2 de xullo. Este programa, impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ofrece apoio e formación a iniciativas empresariais de innovación social dixital.

‘Connecting for Good Galicia’ está dirixido a emprendedores e/ou PEMES de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social, en concreto, aqueles que resolvan algún reto social no ámbito da educación, saúde, participación cidadá, ou calquera dos recolleitos na Axenda Dixital de Galicia 2020, valorando especialmente o enfoque inclusivo cara aos colectivos de persoas con discapacidade e persoas maiores. O obxectivo do programa é conseguir que estas iniciativas empresariais se convertan en negocios reais, e os seus produtos ou servizos despeguen coas maiores garantías de éxito.

 

Principais características do programa

Nesta convocatoria seleccionaranse ata un máximo de seis iniciativas de emprendemento, que contarán cun patrocinio de 2.000 euros cada unha, concedido pola Xunta, así como de axudas, outorgadas por Fundación Vodafone, para a contratación de persoas con discapacidade para o desenvolvemento das súas respectivas ideas de negocio. Doutra banda, tamén poderán optar á concesión dunha axuda de 25.000 euros da Xunta de Galicia ao mellor proxecto para a súa execución e posta en marcha. Ademais, Fundación Vodafone outorgará o Premio ‘Conectados pola Accesibilidade’ de 10.000 euros, ao proxecto que mellor incorporase os principios de accesibilidade universal.

Os proxectos incorporados ao Programa beneficiaranse de sesións de formación e mentoring e accederán a un conxunto de ferramentas e recursos a través dun traballo personalizado e dunha metodoloxía de aceleración específica baseada na innovación. Todas as iniciativas dispoñerán dun espazo de traballo na sede de ‘Vodafone Connecting for Good’, situada nas dependencias do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, para facilitar a coordinación e xestión das propostas.

 

A convocatoria

O prazo para a presentación de proxectos finaliza o día 2 de xullo. Unha vez finalizado este prazo comezará o proceso de selección dos participantes que constará de tres fases. Nunha primeira fase valoraranse todas as solicitudes en base á documentación achegada, nunha segunda fase os proxectos que sexan seleccionados terán que presentar documentación adicional, e nunha terceira fase convocaranse entrevistas persoais aos solicitantes que superasen as dúas primeiras fases, co fin de coñecer todos os detalles do seu proxecto.

O fallo do Xurado notificarase antes do 4 de agosto. A fase de formación dos proxectos seleccionados terá unha duración de seis meses comezando en setembro de 2017.

Máis información: http://www.fundacionvodafone.es/premios

 

Primeira Edición

O pasado 30 de maio celebrouse en Santiago o acto de clausura da primeira edición do programa, no que participaron os proxectos Insulclock, Robobo, KeeperTech, Phottic, PsicoVR e Xesmar. Destes seis proxectos, a Xunta de Galicia a través de GAIN, concedeu a axuda de 25.000 euros a Robobo , robot educativo que combina unha plataforma robótica móbil cun Smartphone para fomentar a dixitalización nas aulas.

Ademais, Fundación Vodafone España outorgou o Premio “Conectados pola Accesibilidade” valorado en 10.000 euros, ao proxecto Insulclock, dispositivo electrónico que se axusta á pluma de insulina e almacena automaticamente toda a información relativa á súa administración, por ser o que mellor incorporou  os Principios de Accesibilidade Universal.

Fonte: AMTEGA
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
06 Novembro 2017
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS en materia de consumo
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS