Fegaus e a Amtega organizan, a través da rede Cemit, 7 novas xornadas sobre diversas funcionalidades e aplicacións que podemos atopar no uso dos móbiles ou tabletas, dirixidas a persoas maiores

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
31 Xullo 2017

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Amtega, ofrece o seu segundo ciclo formativos sobre o manexo de móbiles e tablets.

Este segundo itinerario formativo, que comezará o próximo 08 de setembro e rematará o 20 de xuño leva por título “Usa as novas tecnoloxías para unha madurez máis activa e positiva” e está destinado a persoas cun nivel de uso básico das novas tecnoloxías.

Os contidos están orientados cara a sacar maior partido ao uso habitual da tecnoloxía mediante o descubrimento de novas aplicacións ou funcionalidades (video dixital, compra a través de internet, relacións coa administración, aplicacións para viaxes, para cuidar a saúde ou a compartición de contidos nas redes sociais)

Nesta quenda as actividades chegarán a  19 aulas da rede CeMIT, que ofertan preto de 300 prazas en total, e cuxa inscrición figura aberta na web https://cemit.xunta.gal.

As aulas nas que poderán seguir calquera destas 7 actividades son: Arzúa, Bande, Beariz, Betanzos, Boborás,  Celanova, Cerceda, Cuntis, Fisterra, Marín, Oroso, Padrón, Pontedeume, Porriño, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Valga e Vilanova de Arousa. Os seminarios impartiranse presencialmente desde unha aula CeMIT, de forma rotatoria, e poderanse seguirse por videoconferencia nas restantes aulas.

Para anotarse nestas charlas, de hora e media de duración cada unha delas e de carácter gratuíto, é recomendable poñerse en contacto co responsable da aula CeMIT ou inscribirse a través de internet, cara a reservar praza para acudir as sesións presenciais.

Estrutura dos seminarios

Os seminarios realizarase todos os venres comprendidos entre o 08 de setembro e o 20 de outubro (7 xornadas), en horario de 11:00 a 12:30 horas, presencialmente nunha aula CeMIT e seguíndose nas demais aulas CeMIT por videoconferencia.

O alumnado disporá dun soporte titorial que realizará FEGAUS, a través dos seus titores online, de forma que tras finalizar cada un dos seminarios poidan acceder a máis información relativa aos contidos da materia tratada, que se incorporará na plataforma de teleformación coa que conta a rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/ema), así como á resolución de dúbidas como nun curso online tradicional.

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliad@s Dixitais

FEGAUS é un dos 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ao que se poden adherir como tales a aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Esta estratexia, impulsada pola Administración autonómica estase a desenvolver en colaboración cos axentes do ecosistema dixital, o que permite sumar capacidades, recursos e iniciativas e conseguir un efecto multiplicador das actuacións.

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS