Presentación da "Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)"

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
21 Setembro 2017

No ano 2016 a Xunta de Galicia aprobou o Decreto que establece novas obrigas para a construción de vivendas no referente ao Fogar Dixital. É preciso por tanto informar aos concellos e promotores sobre as obrigas normativas que deben cumprir neste ámbito e presentar ademais o Proxecto Tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital elaborado pola AETG que permitirá facilitar o cumprimento das mesmas.

Por tal motivo, o vindeiro día 17 de outubro de 2017 (martes), ás 10:00 horas, terá lugar na aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela a presentación da “Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)”.

Este acto, que terá unha duración aproximada de 2 horas, poderase seguir presencialmente ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT que figuran nesta nova, sendo o único requisito para asistir o darse de alta como usuario/a da rede CeMIT e solicitar a inscrición neste evento, ben presencialmente na aula de interese ou a través de internet.

Esta presentación está dirixida fundamentalmente ao persoal municipal con competencias no ordenamento urbanístico (secretarios, arquitecto municipal, persoal de urbanismo ou obras, etc), así como aos instaladores, aos promotores e calquera persoal con interese nesta temática e contidos.

As localidades que retransmitirán este evento, e donde se pode solicitar a inscrición, son:

  1. Abegondo
  2. A Coruña (Eiris)
  3. Bande
  4. Boiro
  5. Burela
  6. Foz
  7. Marín
  8. Porriño, O
  9. Padrón
  10. Pontedeume
  11. Pontevedra
  12. Ribadeo
  13. Sarria
  14. Valga
  15. Verïn
  16. Vimianzo
  17. Aula CDTIC (Santiago)

 

 

 

 

 
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
06 Novembro 2017
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS en materia de consumo
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS