Presentación da actividade formativa "Sé dixital"

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
06 Outubro 2017

O xoves 19 de outubro, ás 10:00 horas, terá lugar  na aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela a presentación dunha actividade formativa que se vai a realizar en colaboración con Orange e a Escola de Organización Industrial (EOI), acto que será retransmitido a través de videoconferencia a diversas aulas da rede CeMIT de toda Galicia.

En que consiste “Sé dixital”

Sé dixital é un programa de formación on-line para desenvolver habilidades dixitais e axudar aos cidadáns a facer negocios desde a súa localidade. O programa está baseado en contidos de alta calidade e coas últimas técnicas audiovisuais/linguaxes de comunicación, con expertos e especialistas de renome, e adaptados á realidade de cada municipio ou comunidade.

A formación consiste nun curso gratuíto de 20 horas de carga lectiva orientado a todos os  cidadáns, profesionais e comercios da vosa localidade, e ao que poderán acceder durante aproximadamente 1 mes e medio (45 días) utilizando a plataforma de formación creado ad hoc para o programa.

Esta plataforma está  dispoñible desde calquera dispositivo fixo ou móbil, coa vantaxe engadida que para ser alumno de “Sé dixital” non se requiren coñecementos previos; de ahí que o curso estea dirixido a calquera público interesado en oportunidades de negocio utilizando Internet e os medios dixitais.

Algúns dos contidos nos que se formarán os participantes son:

·          Oportunidades para os negocios desde a súa localidade.

·          Tecnoloxía básica para os negocios e a promoción en canles dixitais.

·         Consideracións xurídicas básicas sobre propiedade intelectual e protección de datos.

·         Outras temáticas relacionadas coa economía dixital.

Durante a duración da actividade, os alumnos terán acceso á comunidade de aprendizaxe local e nacional e contarán con titores e dinamizadores específicos para cada localidade.

O alumnado que complete a formación  obterá un Certificado oficial da EOI (Escola de Organización Industrial)

Máis información:   www.sedigitalylanzate.es

As localidades que retransmitirán este evento, e donde se pode solicitar a inscrición, son:

  1. Boiro
  2. Carballedo
  3. Celanova
  4. Fisterra
  5. Leiro
  6. Porriño, O
  7. Ortigueira
  8. Ribadeo
  9. Sada
  10. Sarria
  11. Valga

 

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS