Exames presenciais CODIX (ed 2/2017) - Data e hora realización do sorteo público das letras para establecer a orde de prelación

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
09 Outubro 2017

En cumprimento do establecido na base Quinta.- Criterios de selección  da  Resolución do 22 de setembro de 2017 (DOG nº 188 do 3 de outubro), pola que se efectúa a convocatoria de probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática,  publícase o lugar e  data de realización do sorteo público para a extracción das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade formativa:

DÍA:      Mércores, 11 de outubro

HORA:   09:00 horas

LUGAR:  Oficina CeMIT - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

            Rúa Airas Nunes s/n - Conxo

            Santiago de Compostela

 

·         No sorteo extraeranse dúas letras do abecedario que determinarán, correlativamente, a primeira e segunda letra do primeiro apelido. As dúas extraccións levaranse a cabo con todas as letras.

·         A orde de prelación comezará pola persoa solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas letras extraídas, e, se non houbese ningúnha, continuarase pola seguinte solicitante por orde alfabética pasando de «ZZ» a «AA».

·         En caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias persoas solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao segundo apelido e nome, por orde alfabética. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta

·         O resultado do sorteo así como as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda, será publicado no páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal)

·         A Oficina CeMIT enviará ao correo electrónico persoal das persoas admitidas provisionalmente as instrucións do pagamento necesario para realizar a súa matricula, así como o prazo para a realización do mesmo.

·         As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
06 Novembro 2017
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS en materia de consumo
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS