Cartel do evento.

A Rede CeMIT participa nun encontro de dinamizadores de telecentros a nivel estatal

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Madrid | 08 Novembro 2017

O dinamizadores das aulas CeMIT dos concellos de Cerceda, Cuntis, Fisterra, Oroso, Ortigueira e Santa Comba participarán este mércores e xoves, 8 e 9 de novembro, no Encontro de Dinamizadores de Redes de Telecentros Changemakers: Dinamizadores do cambio, xornadas organizadas pola Asociación Comunidade de Redes de Telecentros de España, da que a Rede CeMIT de Galicia é membro.

Xunto con representantes galegos, tamén participarán dinamizadores de redes de telecentros existentes en Andalucía, Cantabria, Castela e León, Canarias, Estremadura, Murcia, Cataluña e Castela A Mancha, sumando un total de 75 participantes e 10 redes distintas. O formato deste encontro é dun obradoiro participativo, no uso de ferramentas e técnicas de pensamento creativo aplicables ao seu traballo diario coa cidadanía. Contando coa experiencia de cada Rede de Telecentros, o encontro axudaralles a debuxar novas propostas, propoñer novos retos e converter en realidade o rol dos dinamizadores como axentes do cambio nas súas localidades.

Afondarase nas boas prácticas impulsadas dende cada unha de las Redes de Telecentros a nivel nacional sobre aspectos como a e-Inclusión, o envellecemento activo, as competencias dixitais, a innovación social, a ciberseguridade, os eServizos, ou o uso seguro e responsable da tecnoloxía en contornas educativos. Oe encontro permitirá analizar de que forma desde estas redes poden seguir ofrecendo iniciativa que respondan ás liñas estratéxicas e desafíos formulados dentro da Axenda Dixital para España 2020 e da Axenda Dixital Europea.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
04 Decembro 2017
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS