Compoñentes de "Teño unha horta en San Sadurniño".

As mulleres do proxecto Teño unha horta en San Sadurniño, recoñecidas por AMTEGA

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
San Sadurniño | 22 Decembro 2017

Amais do proxecto Innova Narón, de cuxa distinción por parte do Goberno galego falamos, o Premio Son Dixital que concede a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) recoñeceu tamén o importante labor despregado pola aula CeMIT, as usuarias da aula e o Concello de San Sadurniño ao abeiro da iniciativa Teño unha horta en San Sadurniño. O galardón a este proxecto tecnolóxico-social, o accésit de Son Dixital, foilles concedido ás impulsoras-integrantes da proposta por representantes da Xunta (axencia AMTEGA) e da rede CeMIT. 

Segundo reflicte o Concello de San Sadurniño, a distinción vai dirixida ás protagonistas de Teño unha horta en San Sadurniño: Carmen Suárez (coordinadora da iniciativa), Carmiña dos Pantís, Carmiña da Laxe, Cruz de Piñón, Lucita de Ernesto e Consuelo da Curuxa. Por outra banda, o Concello tamén sinala que se trata dun recoñecemento ás posibilidades dinamizadoras e formativas das TIC para as persoais maiores: como poden empregar a tecnoloxía de forma útil. 

Como lembraremos, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convocou este ano o primeiro certame Son dixital para recoñecer as experiencias máis destacadas en innovación social dixital desenvolvidas desde as aulas CeMIT e a súa rede de entidades aliadas durante as tres últimas edicións do proxecto CeMIT-Innova, adscrito ao Plan de Inclusión Dixital Galicia 2020. Esta primeira edición tivo como obxectivo “recoñecer o traballo das persoas”, tal e como sinalou Fernando Gil, Xefe da Área de Sociedade Dixital da AMTEGA.

Outorgáronse un premio e dous accésits. O proxecto gañador foi o portal www.innovanaron.com, creado e xestionado pola Asociación Nosa Señora de Chamorro e as persoas con diversidades motrices e cognitivas que participan acotío nos seus obradoiros. Un accésit veu para San Sadurniño e o outro levouno o equipo de voluntariado composto por Sonia Moure, Daniel Diéguez, José Manuel Campos e Rocío Fernández, quen levaron adiante o programa Mira TICarballedo en relación coa formación en novas tecnoloxías para o emprendemento no rural.

O proxecto de San Sadurniño acadou a devandita distinción por tratarse, segundo o fallo do xurado, dun “bo exemplo do empoderamento da muller da contorna rural”, salientando polo seu “carácter innovador” no xeito de transmitir o traballo e a tradición do noso pobo e das nosas mulleres a través de YouTube. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia premiou os “relatos frescos, contados en primeira persoa dunha forma didáctica e divertida por estas cinco mulleres que amosan como a tecnoloxía pode transformar unha vida adicada á labranza e coidado da terra e aos recursos naturais, dando visibilidade e importancia ao rol desempeñado polas mulleres labregas”. Fernando Gil recoñeceulles o mérito ás protagonistas: “é de xustiza darvos este premio. O voso proxecto é unha realidade. Foi importante para vós, para que fixerades ver o voso traballo e para que se vexa tamén San Sadurniño”.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
05 Novembro 2018
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS