Telefonía móbil - facturación e reclamacións

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
10 Xaneiro 2018

Charla sobre TELEFONÍA MÓBIL (facturación e reclamacións)

DÍA:   Luns, 22 de XANEIRO, de 11:00 a 12:30 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica o primeiro luns de cada mes, sendo a próxima o día  22 de XANEIRO, en horario de 11:00 A 12:30 HORAS

TELEFONÍA MÓBIL

Temática:

Nesta charla falaremos dos principais conceptos que debemos manexar e ter en conta na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, roaming, portabilidade, etc.

Tamén analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e como realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo.

As persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
05 Novembro 2018
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS