Listaxe de persoas admitidas provisionalmente e de reservas -Curso Teleformación CODIX edición 1/2018

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
30 Xaneiro 2018

Unha vez aplicado o resultado do sorteo publico das letras para establecer a orde de prelación das persoas inscritas con dereito a matriculación,  e de acordo coa base "Quinta.- Solicitudes de participación" da Resolución do 12 de xaneiro de 2018, publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e reservas para o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación cara a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

As persoas seleccionadas na listaxe provisional de admitidas disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o vindeiro martes 06 de febreiro, inclusive) para  realizar o pagamento de dez euros con vinte céntimos (10,20 euros) correspondente aos dereitos de exame ou, no seu caso, xustificante de exención, seguindo as instrucións que figuran no correo electrónico enviado ás persoas con dereito á matriculación.

As persoas que figuran na listaxe provisional de reservas serán convocadas individualmente pola orde establecida para cubrir as vacantes que se poidan producir, unha vez remate o prazo de matriculación dos primeiros inscritos.

 
* Importante: Unha vez realizado o pagamento deberán achegar o xustificante do mesmo -ou da exención do mesmo-  (unha fotografía de dito xustificante, un escaneo de imaxe, etc)  ao enderezo electrónico formacion-cemit@xunta.gal  para formalizar a súa matriculación.
Unha vez recibida nesa conta de correo a xustificación de pagamento, responderemoslle nun curto espazo de tempo confirmándolle a súa matriculación e dando por rematado o procedemento.
 
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
05 Marzo 2018
Talleres de reparación de vehículos: dereitos dos usuarios
20 Marzo 2018
Charlas sobre TECNOLOXÍA MÓBIL PARA MELLORAR A TÚA VIDA
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS