Muller usando un ordenador.

Ribeira organiza novos obradoiros informáticos en catro parroquias do concello

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Ribeira | 08 Febreiro 2018

Concello de Ribeira vai organizar nas semanas vindeiras catro novos cursos de capacitación en novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Os obradoiros, que se van desenvolver en catro parroquias do concello, abren este 8 de febreiro o prazo de inscrición. Trátase dos seguintes cursos: Iníciate na informática, Sácalle partido ao teu móbil, DNI electrónico e certificados dixitais, Retoque fotográfico e Edición de audio e vídeo).

As actividades desenvolveranse nas parroquias de Aguiño, Corrubedo, Oleiros e Ribeira. Os cursos, que son de balde para a cidadanía, estenderanse dende o 19 de febreiro ata o 12 de abril. As inscricións estarán abertas ata o 16 de febreiro, en horario de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20 horas na Aula CeMIT ou tamén na páxina web da rede autonómica de aulas de informática, a rede CeMIT.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
05 Novembro 2018
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS