Talleres de reparación de vehículos: dereitos das persoas usuarias

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
15 Febreiro 2018

Charla sobre TALLERES DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS: dereitos das persoas usuarias

Luns, 05 de MARZO, de 11:00 a 12:00 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica o primeiro luns de cada mes, sendo a próxima o día  05 de MARZO, en horario de 11:00 A 12:00 HORAS

TALLERES DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS: dereitos das persoas usuarias

Temática:

No noso día a día o coche converteuse nun instrumento case imprescindible e, en ocasións tamén, unha ferramenta de traballo. Por estas razóns, acudir ao taller para reparar avarías ou realizar revisións é unha práctica habitual e obrigada. Pero... coñecemos os dereitos que temos como persoas usuarias destes servizos?

Esta charla serviranos para coñecer os nosos dereitos e deberes así coma unha serie de recomendacións a ter en conta.

As persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

  •  
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS