Aula CeMIT de Vilagarcía.

Vilagarcía impulsa unha nova edición de APPtualízate, o obradoiro TIC para a mocidade

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Vilagarcía de Arousa | 24 Abril 2018

Xuventude do Concello de Vilagarcía vén de pór en marcha a segunda edición de APPtualízate, un obradoiro sobre as máis novas e innovadoras tecnoloxías dixitais no que se poderán formar 20 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

Segundo informa o Concello, trátase dunha nova acción de formación non regrada concibida para mellorar as competencias laborais e a empregabilidade do alumnado. O curso consta de 25 horas lectivas que se impartirán do 2 ao 10 de maio na aula CeMIT do Centro de Formación Permanente de Matosinhos. A participación é de balde, e o prazo de inscrición (que se pode facer en liña a través de Google Docs) remata o 26 de abril.

A organización do obradoiro engade que este está deseñado como un curso introdutorio na temática das novas tecnoloxías e no manexo de ferramentas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Os contidos específicos a abordar abranguen o eido de posta en marcha dunha iniciativa empresarial, as aplicacións móbiles, a programación, a robótica ou o GPS. 

  • No primeiro bloque, o alumnado adquirirá coñecementos sobre como crear unha empresa de alicerce tecnolóxico, como solucionar problemas con estas ferramentas e como xestionar proxectos tecnolóxicos áxiles.
  • No apartado de aplicacións móbiles (apps), o alumnado recibirá formación sobre o deseño e prototipado de aplicacións e ferramentas inventoras. 
  • No terceiro bloque, os participantes traballarán a programación en código, a programación de videoxogos e a realidade aumentada virtual. 
  • No eido da robótica o curso abordará a conexión de código e cables para construír robots e a tecnoloxía 3D aplicada a procesos de modelado, escaneado e impresión. 
  • No último bloque, o destinado á ferramenta GPS, traballarase sobre o desenvolvemento de ferramentas móbiles co dito sistema de localización por satélite, o geocatching e o uso e posibilidades dos drons.

A Concellería de Xuventude programa por segundo ano consecutivo esta actividade formativa que terá continuidade no mes de xullo co campamento tecnolóxico de Verán. Ambas iniciativas están integradas no mesmo programa, contan con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra a través do plan Concellos 2018 e serán impartidos pola Asociación O Núcleo.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
05 Novembro 2018
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS