A contratación de viaxes por internet - dereitos dos consumidores

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
16 Maio 2018

Charla sobre A CONTRATACIÓN DE VIAXES POR INTERNET

Luns, 4 de XUÑO, de 12:00 a 13:30 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica un luns de cada mes, sendo a próxima o LUNS 4 de XUÑO, en horario de 12:00 A 13:30 HORAS

A CONTRATACIÓN DE VIAXES POR INTERNET: dereitos dos consumidores

Temática:

Viaxar é unha das alternativas de lecer principais das persoas consumidoras. O número de webs e ofertas de viaxes a través de Internet aumenta cada ano debido, fundamentalmente, a que este sistema facilita a contratación de grandes ofertas e, polo tanto, un aforro considerable respecto dos prezos das axencias tradicionais. Neste ámbito as persoas teñen dereitos que lles protexen e é importante que os coñezan, posto que dispoñer da información necesaria é o primeiro paso para converterse nunha persoa consumidora responsable. Por iso, debemos tomar certas precaucións e seguir unha serie de consellos que trataremos nesta charla (elixir ben a axencia de viaxes, usar pasarelas de pago, resolución de conflitos...).

As persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

  •  
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
04 Xuño 2018
A contratación de viaxes por internet
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS