Taller | Robótica e programación

Xornada | Taller de robótica e programación

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 5 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
CeMIT | Padrón | 30 Xullo 2018

CeMIT | Padrón imparte no mes agosto un TALLER | ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN na que os participantes de idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos se enfrontarán a desafíos ao redor da iniciación á programación con “escornabot”, “printbot” ou programación de videoxogos con “makey makey”.

Este verán 2018 a aula CeMIT de Padrón volve a ofertar coa colaboración do Colexio profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) un taller de programación orientada á robótica no que este ano os desafíos a superar son:

  • ESCORNABOT: O reto da programación con escornabot consistirá en percorrer un circuíto con obstáculos levando dun punto a outro o robot. Os rapaces terán que programar o escornabot para que evite as dificultades e consiga chegar á meta dunha soa peza. A finalidade deste taller é iniciar aos nenos e nenas nos primeiros conceptos da programación, análise, resolución e ordenación.
  • PRINTBOT: O reto da programación con printbot consistirá en programar un código que se executará no robot, que terá unha electrónica capaz de seguir unha liña negra sobre un fondo branco. Os máis pequenos aprenderán a programar cunha linguaxe visual o código preciso para que o robot sexa capaz de seguir a liña.
  • MAKEY MAKEY: E no reto da programación de videoxogos con makey makey, os cativos usarán esta ferramenta para achegarse á electrónica creando un proxecto no que se simulará o xogo de mesa de operación. Utilizando como linguaxe de programación o scratch, os participantes programarán o seu propio videoxogo de operación.

Dirixida a nenos e nenas de idade comprendidas entre os 8 e os 12 anos, ten prevista a realización da actividade o mércores 22 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 (5 horas) e contará cun descanso que inclúe unha “merenda/refrixerio” para os rapaces.

Como novidade destacar a creación do “Desafío final do Programa”, ao que poderán optar os participantes que resolvan os retos formulados durante as actividades realizadas en CeMIT | Padrón e mostren maior interese e soltura no desenvolvemento da xornada. Está actividade final contará con premios para os rapaces e rapazas que superen os retos e está previsto que se realice en Santiago de Compostela o sábado 6 de outubro

A xornada de robótica e programación conta cun aforo máximo de 16 prazas e a cobertura das mesmas realizárase por rigorosa orde de inscrición a través por parte do pai/titor legal do/a menor na Aula CeMIT|Padrón ou a través da nosa aplicación online dispoñible en https://aulascemit.xunta.es/usuarios/

Non esperes máis e reserva praza. Voan!!

Atentamente,

Beatriz Calvo Cobas

Axente TIC da Aula CeMIT de Padrón

cemit.padron@xunta.gal

T. 673 658 009

https://cemit.xunta.es/gl/centro/57

https://www.facebook.com/cemit.padron

Rúa Mollet del Vallés 4-6. 15900, Padrón (A Coruña)

Horario de formación de L-V de 09:00 a 13:00 horas


 

Fonte: Axente TIC
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS