Comercio electrónico e métodos de pagamento seguros

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
30 Agosto 2018

Charla sobre COMERCIO ELECTRÓNICO e MÉTODOS DE PAGAMENTO SEGUROS

Luns, 17 de SETEMBRO, de 12:00 a 13:00 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica un luns de cada mes, sendo a próxima o día  17 de SETEMBRO, en horario de 12:00 A 13:00 HORAS

COMERCIO ELECTRÓNICO e MÉTODOS DE PAGAMENTOS SEGUROS

Temática:

O emprego xeneralizado das TIC fixo que se incrementara o denominado comercio electrónico, é dicir, a posibilidade de facer compras a través de internet, o que presenta moitas vantaxes sempre que se faga de xeito seguro. Neste charla explícaranse os pasos a seguir para facer compras en internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificacións de páxinas seguras, dos distintos medios de pago, posibilidade de abandonar a compra, etc. Así mesmo, analizaranse os dereitos específicos das persoas consumidoras no caso das compras a distancia

As persoas interesadas poderán inscribirse a través dos seguintes enlaces para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación), ou inscribirse presencialmente poñendose en contacto co axente responsable de seu concello:

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS