Telefonía móbil: contratación, facturación e reclamacións

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
09 Novembro 2018

Charla: TELEFONÍA MÓBIL: contratación, facturación e reclamacións

Luns, 3 de DECEMBRO, de 12:00 a 13:30 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica un luns de cada mes, sendo a próxima o día  3 de DECEMBRO, en horario de 12:00 A 13:30 HORAS

TELEFONÍA MÓBIL: contratación, facturación e reclamacións

Temática:

Nesta ocasión falaremos dos principais conceptos que debemos coñecer na contratación dos servizos de telefonía móbil: tipos de tarifas, con especial referencia aos denominados “servizos empaquetados”, permanencia, roaming, portabilidade, etc.

Tamén analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e como realizar un uso responsable desde tipo de servizos. Afondaremos nos diferentes servizos ofertados polas compañías de telecomunicacións (internet, fusión…) e os dereitos que temos ante esta situación.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través dos seguintes enlaces para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación), ou inscribirse presencialmente poñendose en contacto co axente responsable de seu concello:

 

  •  
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
03 Decembro 2018
Telefonía móbil: contratación, facturación e reclamacións
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS