Curso teleformación CODIX (ed 1/2019) - Data e hora realización do sorteo público das letras para establecer a orde de prelación

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
28 Xaneiro 2019

En cumprimento do establecido na base Sexta.- Criterios de selección  da  Resolución do 14 de xaneiro de 2019 (DOG nº 15), pola que se efectúa a convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tralo seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación, publícase o lugar e  data de realización do sorteo público para a extracción das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade formativa:

DÍA:      Mércores, 30 de xaneiro

HORA:   10:00 horas

LUGAR:  Oficina CeMIT - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

            Rúa Airas Nunes s/n - Conxo

            Santiago de Compostela

 

·         No sorteo extraeranse dúas letras do abecedario que determinarán, correlativamente, a primeira e segunda letra do primeiro apelido. As dúas extraccións levaranse a cabo con todas as letras.

·         A orde de prelación comezará pola persoa solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas letras extraídas, e, se non houbese ningunha, continuarase pola seguinte solicitante por orde alfabética pasando de «ZZ» a «AA».

·         En caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias persoas solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao segundo apelido e nome, por orde alfabética. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta

·         En caso de ter máis solicitudes que número de prazas convocadas, terán preferencia as persoas preinscritas que non se matriculasen na edición inmediatamente anterior deste curso de teleformación titorizado.

·         O resultado do sorteo así como as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda, será publicado no páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal)

·         A Oficina CeMIT enviará ao correo electrónico persoal das persoas admitidas provisionalmente as instrucións do pagamento (ou de xustificación da exención) necesario para realizar a súa matricula, así como o prazo para a realización da mesma.

·         Unha vez rematado o prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame, e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes. 

·         As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS