Logo do evento.

O CPEIG destaca as bondades de Internet e recalca a necesidade dun uso “responsable, respectuoso, crítico e creativo”

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Ourense | 04 Febreiro 2019
  • No Día da Internet Segura, que se celebra mañá martes 5 de febreiro, impartirá dúas charlas nas Aulas CeMIT de Celanova e Leiro en Ourense

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) informa no Día de Internet Segura, que se celebrará mañá martes 5 de febreiro, sobre a necesidade de aumentar a concienciación da sociedade e o investimento das empresas en ciberseguridade, que deben estar preparadas ante un posible ciberdelito, que segundo asegura o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, “actualmente xera máis diñeiro que o tráfico de drogas”.

O Día de Internet Segura, “Safer Internet Day” (SID, polas súas siglas en inglés), é un evento promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, que se celebra cada mes de febreiro para promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, especialmente entre nenos e mozos.

Para destacar o carácter positivo de Internet, o lema de 2019 é "Unha Internet mellor comeza contigo: convivindo con respecto para unha Internet segura". O obxecto da efeméride é impulsar cambios positivos e concienciar sobre a seguridade en Internet, coa finalidade de alcanzar “unha Internet mellor” e convertela nun espazo no que todas as persoas e entidades –nenos e mozos, país e titores, profesores, traballadores sociais, empresas ou institucións e responsables políticos– fan uso da tecnoloxía de maneira responsable, respectuosa, crítica e creativa.

En concreo o presidente do CPEIG destaca que se debe facer fincapé na importancia da ciberseguridade, privacidade e o uso seguro das TIC na contorna dos menores, co obxecto de protexer a súa reputación e a dos demais. “Os pais ou titores deben manter un diálogo aberto cos seus fillos, educándoos no uso seguro e positivo da tecnoloxía e actuando como referentes de comportamento dixital” –sinala–.

Ademais, o CPEIG –como aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020– colabora nas actividades programadas pola Rede CeMIT no Día da Internet Segura. Voluntarios colexiados do CPEIG impartirán mañá martes, 5 de febreiro, dúas charlas na provincia de Ourense. Iván Luis Vázquez impartirá a charla na Aula CeMIT de Celanova (Parque As Triguerizas, s/n) a partir das 12:00 horas, Julio Mosquera a actividade na Aula CeMIT de Leiro (rúa Padre Eiján, s/n) ás 12:00 horas.

 

Recomendacións para unha Internet Segura

Aproveitando a celebración internacional desta efeméride, o CPEIG asegura que conectarse a Internet de forma máis segura é posible, aínda que se deben tomar unha serie de precaucións, tanto as persoas adultas como os máis pequenos:

  • Instala un bo antivirus. É unha ferramenta imprescindible para un correcto funcionamento dos equipos cando estean conectados a Internet. E na era dos móbiles, as solucións de antivirus tamén deben exportarse a estes dispositivos para facer fronte ás continuas ameazas dirixidas aos usurarios.
  • Actualiza puntualmente os teus equipos. De forma habitual xorden ameazas e non queda máis remedio que instalar as actualizacións ou parches de seguridade en canto estean dispoñibles. É unha boa forma de protexerse contra virus, ameazas e vulnerabilidades de última xeración.
  • Usa contrasinais e sistemas de protección seguros. Cada vez estamos rexistrados en máis páxinas e servizos. Lembra que as túas contrasinais teñen que ser distintas para cada un dos servizos. É importante tamén usar claves complexas, que conteñan minúsculas, maiúsculas, números e letras. Como método de axuda, pódese usar un xestor de contrasinais para manexar todas as claves con máis comodidade.
  • Engade controis parentais. Os máis pequenos tamén se conectan a Internet. Así que deben estar advertidos sobre as ameazas que poden atoparse en liña. É importante axudalos a distinguir entre páxinas e ofertas enganosas, das que non o son. Os controis parentais poden resultar moi útiles para impedir que nenos e adolescentes accedan a sitios web inapropiados. Tamén están indicados para limitar o tempo que pasan conectados á rede.
  • Usa as redes sociais con cabeza. Os usuarios de redes sociais deben ter coidado co que comparten nelas, xa que non é conveniente compartir información persoal, incluíndo imaxes privadas, direccións postais ou números de teléfono, levando un control exhaustivo das amizades e en redes sociais.
Fonte: CPEIG
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS