A contratación de viaxes e a economía colaborativa

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
10 Febreiro 2019

Charla: A CONTRATACIÓN DE VIAXES e a ECONOMÍA COLABORATIVA

Luns, 11 de MARZO, de 12:00 a 13:00 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica un luns de cada mes, sendo a próxima o día  11 de MARZO, en horario de 12:00 A 13:00 HORAS

A CONTRATACIÓN DE VIAXES e a ECONOMÍA COLABORATIVA

Temática:

Viaxar é unha das alternativas de lecer principais das persoas consumidoras. Neste ámbito as persoas temos dereitos que nos amparan cando contratamos e realizamos unha viaxe e que é importante coñecer con antelación, posto que dispoñer da información necesaria é o primeiro paso para converterse nunha persoa consumidora responsable.

Por iso, debemos tomar certas precaucións e seguir unha serie de consellos que trataremos nesta charla (elixir ben a axencia de viaxes, usar pasarelas de pago seguras, acudir aos procedementos de resolución de conflitos, etc).

Ademais, afondaremos na economía colaborativa, analizando os diferentes servizos ofertados polas novas plataformas que están a xurdir no mercado.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través dos seguintes enlaces para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación), ou inscribirse presencialmente poñendose en contacto co axente responsable de seu concello:

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
11 Marzo 2019
A contratación de viaxes e a economía colaborativa
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS