Compras e contratacións a distancia: recomendacións e desistimento

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
13 Maio 2019

Charla: COMPRAS e CONTRATACIÓNS A DISTANCIA: RECOMENDACIÓNS e DEREITO DE DESISTIMENTO

Luns, 3 de XUÑO, de 12:00 a 13:00 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica un luns de cada mes, sendo a próxima o día  3 de XUÑO, en horario de 12:00 a 13:00 HORAS

COMPRAS E CONTRATACIÓNS A DISTANCIA: RECOMENDACIÓNS e DEREITO DE DESISTIMENTO

Temática:

Unha das formas máis habituais de consumo son as compras de produtos ou contratacións de servizos a distancia, ben sexa por teléfono, porta a porta ou a máis empregada a día de hoxe, vía online. Con esta charla preténdese afondar nos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, centrándonos especialmente no coñecido como dereito de desistimento para o caso de que decidamos dar marcha atrás na contratación así realizada.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través dos seguintes enlaces para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación), ou inscribirse presencialmente poñendose en contacto co axente responsable de seu concello:

  •  
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
03 Xuño 2019
Compras e contratacións a distancia: recomendacións e desistimento
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS