Alumnos na aula CeMIT da Guarda.

A Guarda amplía o programa formativo da súa aula CeMIT

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
A Guarda | 07 Agosto 2019

A aula CeMIT da Guarda vén de ampliar a cantidade dos cursos ofertados sobre novas tecnoloxías da información e faino cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades. Así o vén de informar o Concello, que lembra que o devandito espazo de formación e divulgación tecnolóxico-dixital, que se atopa no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda, tamén pon a disposición de residentes e visitantes a posibilidade de acceder libremente a Internet.

Entre os cursos que programa con regularidade o espazo CeMIT local e que veñen de ser obxecto de ampliación figuran os seguintes: informática básica para nenos e para adultos, mecanografía, procesador de textos, follas de cálculo, redes sociais, manexo desmartphones, entre outros.

O Concello engade que todas aquelas persoas que desexen estar informadas sobre a oferta e programación de actividades TIC da Guarda poden contactar a través do enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal ou chamando ao 986 61 1850. A aula CeMIT local conta coa presenza dun técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS