Mans de nenos usando tablets.

A aula CeMIT do Carballiño mergullará á rapazada na creación de mundos virtuais

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
O Carballiño | 09 Agosto 2019

aula CeMIT do Carballiño vai introducir a residentes e visitantes, este verán, nos mundos das realidades alternativas creadas tecnoloxicamente e nas ferramentas máis populares e creativas para darlles forma. O obradoiro de realidade virtual, organizado por 123 Artes Dixitais e patrocinado pola Deputación de Ourense, desenvolverase entre os días 12 e 16 de agosto. Está concibido para achegar lecer e divulgación tecnolóxica a nenas e nenos de 8 a 15 anos. O número de prazas está limitado a 28, e as inscricións, que son de balde, poden facerse en liña. 

O obxectivo do obradoiro é dar forma a “unha experiencia interactiva” que permita a máxima implicación do alumnado, que poderá esculcar nos procesos de creación de mundos dixitais e, tamén, crealos, facer movementos, debuxar sobre eles e enriquecelos. En palabras das entidades organizadoras do obradoiro, a rapazada “terá a oportunidade de gozar das oportunidades que achegan as tecnoloxías para o xogo e a acción”. Entre as tecnoloxías a empregar figura CoSpaces, a plataforma para dar forma, explorar e compartir mundos tridimensionais. Na recta final do curso, as nenas e nenos poderán ver os seus traballos rematados con lentes de realidade virtual e botando man dos móbiles. Os interesados en inscribirse deberán dirixirse á aula CeMIT do Carballiño ou ben a través da ligazón específica habilitada.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS