ADICAE organiza un curso práctico gratuito sobre o uso e experiencia en redes sociais, publicidade dixital e información en colaboración co aula CeMIT de Santiago de Compostela

ADICAE é unha asociación adicada á defensa de todos os consumidores e usuarios fronte os abusos que se producen cada día por parte das empresas suministradoras de bens e servizos. Entre os seus múltiples obxectivos atópase a formación á sociedade en xeral.

En colaboración coa Rede CeMIT a través da súa aula de Santiago de Compostela organizan un curso práctico gratuito sobre o uso e experiencia en redes sociais, publicidade dixital e información que se enmarca dentro do proxecto de Redes Sociais e Publicidade, financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

O curso constará de catro sesións impartidas en dous días diferentes:

- O xoves 10 de outubro terá lugar a primeira sesión de 17:00 a 19:00 h. cuxos contidos son:

  • Introdución ao uso de redes sociais e ferramentas dixitais de información, sesión impartida por Talía Rodríguez cunha duración de 60 minutos, na que se ensinarán en profundidade as principais redes sociais.
  • Riscos e cautelas para o consumidor na información e interacción en redes sociais, sesión impartida por David Lourido, cunha duración de 60 minutos, que versa sobre as fake news, a banca e social media e as precaucións nas redes sociais.

- O xoves 24 de outubro terá lugar a segunda sesión de 17:00 a 19:00 h. cuxos contidos son:

  • A protección do consumidor fronte a publicidade dixital, impartido por Isaac Maroto, cunha duración de 60 minutos, na que se promocionarán as ferramentas de protección na defensa dos consumidores en materia de publicidade dixital.
  • O bo uso das aplicacións móbiles, sesión impartida por Talía Rodríguez, cunha duración de 60 minutos que versará sobre o uso responsable das aplicacións móbiles.

As persoas que acudan a todas as sesións terán dereito a un certificado conforme realizaron o curso.

inscrición no devandito curso pode facerse do seguinte xeito:

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Santiago de Compostela | 04 Outubro 2019
Fonte: CeMIT
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
04 Novembro 2019
Os servizos de asistencia técnica
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS