Crear Futuro na Aula CeMIT

A Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso participa no programa Crear Futuro|Red.es

Crear Futuro forma parte da iniciativa Profesionais Dixitais de Red.es, enmarcada dentro das liñas de actuación da Axenda Dixital para España, cuxo fin é mellorar a empregabilidade, impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías dixitais. Ademais, no marco deste proxecto, o Centro de Referencia Nacional de Comercio Electrónico e Marketing Dixital colabora na difusión e promoción de accións de formativas no ámbito da Economía Dixital.

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
25 Outubro 2019

As actuacións deste programa están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2014-2020 con cargo ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación ( POEFE) e en particular dentro do obxectivo temático 8 para “promover a sustentabilidade e a calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral”. Crear Futuro ten como obxectivos: Formar de maneira gratuíta e adaptada ás novas demandas da sociedade dixital a persoas prioritariamente ocupadas (tamén desempregadas en menor proporción), nas diferentes tecnoloxías, competencias persoais e metodoloxías para o emprendemento na contorna dixital.

Mellorar a empregabilidade dos participantes favorecendo unha maior estabilidade no emprego e propiciando a progresión nas carreiras profesionais. Contribuír á mellora do tecido produtivo impulsando a transformación dixital das empresas e dando valor á cualificación dos recursos humanos en competencias para a transformación e a economía dixital.

A través de Crear Futuro poñemos ao dispor de todos a nosa oferta formativa mediante: Impartición de formación online en formato MOOC. Impartición de sesións de formación presencial gratuíta por todo o territorio nacional.

CONVIDÁMOSTE A PARTICIPAR!

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS