Charla: OS SERVIZOS DE GAS
Luns, 2 de DECEMBRO, de 12:00 a 13:30 horas
O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.
Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.
Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica un luns de cada mes, sendo a próxima o día 2 de DECEMBRO, en horario de 12:00 A 13:30 HORAS
OS SERVIZOS DE GAS
Temática:
Unha das subministracións que temos contratados no noso fogar é o uso do gas. Con esta charla, preténdese facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura do gas, para adoptar medidas de aforro no seu custo e para realizar unha reclamación nos diferentes supostos que se poidan presentar, en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías do gas.
As persoas interesadas poderán inscribirse a través dos seguintes enlaces para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando esta listaxe no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación), ou inscribirse presencialmente poñendose en contacto co axente responsable de seu concello:
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS