Cartel cos cursos.

Ponteareas achega unha manchea de obradoiros TIC este mes de decembro

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Ponteareas | 21 Novembro 2019

Ponteareas está a presentar estes días un amplo programa de formación tecnolóxico-dixital para a cidadanía. Trátase dunha serie de obradoiros a desenvolver na aula CeMIT e adaptados, en palabras do Concello, a “todos os niveis e totalmente de balde deseñados en función da demanda que exista”. Impartiranse no mes de decembro e comezarán o día 2, en horario de tarde, con actividades (tres) para iniciar á veciñanza no uso e posibilidades das follas de cálculo, na informática para maiores e na mecanografía.

O día 9 arrincan os cursos para o deseño de currículos, para a procura de información a través de Internet e para formar ás veciñas e veciños, novamente, en mecanografía. O día 12 e 13 impartirase un obradoiro destinado a adestrar aos asistentes na procura de emprego a través de Internet. O día 14 na aula CeMIT mostrarse como tirar proveito da ferramenta Gmail. Do 16 ao 20 de decembro haberá cursos de uso básico das redes sociais, de Scratch 2 (iniciación á informática) e de alfabetización informática para maiores. O 21 de decembro ofrecerase axuda para a utilización do teléfono móbil. 

As persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 673 794 883, achegarse ata a aula emprazada no centro social da rúa Oriente ou enviar un correo a cemit.ponteareas@xunta.gal.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS